gram news
Аватар канала Canle Enxeñería Sen Fronteiras Galicia

Canle Enxeñería Sen Fronteiras Galicia

@esfgalicia

Canle de ESF Galicia con info sobre eventos e novas sobre tecnoloxía para os dereitos humanos e o ben común https://galicia.isf.es/

ПроектыES

256подписчиков

Открыть канал

Последние посты

  • Canle Enxeñería Sen Fronteiras Galicia

    17 сент., 14:06

    📣 Novo obradoiro de reparación colectiva en Coruña!🪛 Se sabes algo de reparación, vén botar unha man. 🆘 Se tes algo para arranxar, vente e outra xente axudará 🥰 Se simplemente queres botar unha ollada e aprender, serás tamén benvidx!📅 Venres 25 de setembro, 2026 🕕 17.30h-20.30h 📌 Museo Domus da #Coruña#ESFprofesional #RepairCafe
  • Canle Enxeñería Sen Fronteiras Galicia

    16 сент., 07:02

    Feira de tecnoloxías abertas OSHWDem📅Sábado 3 de outubro. 📍Museo Domus #ACoruña.Exposicións de proxectos Open Source, obradoiros e competicións de robótica. De baldePrograma (en actualización, aínda podes mandar a túa proposta!!!)
  • Canle Enxeñería Sen Fronteiras Galicia

    14 сент., 20:45

    🇭🇳 Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades Honduras 🇭🇳Até finais de setembro, continúa a estancia das participantes do Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades en Honduras. Agora xa quedan só "as Albas", xa que Rubén voltou hai 15 días para poder empezar o curso como profe no seu instituto.As crónicas, coma sempre, con reflexións moi interesantes: 👉🏼 3ª de Alba C. El ritmo, el caliche y un sueño febril 👉🏼 A terceira de Alba V.: Cando coñecer cambia o mapa
  • Canle Enxeñería Sen Fronteiras Galicia

    10 сент., 12:45изменён

    Falamos coa veciñanza de Touro, Corcoesto e Budiño. Tres territorios que levan anos loitando contra a realidade da minería. Quen decide que un lugar é prescindible?Grazas á Plataforma Veciñal Mina Touro – O Pino Non, a Paco, veciño de Corcoesto á Asociación Ambiental e Cultural Petón do Lobo e a AAFECABU por poñer voz e cara 💚Nas nosas redes sociais tedes outros post cos datos e o contexto de cada caso 👉 E se queres saber máis e apoiar á veciñanza destes lugares, non dubides en seguilas.Esta peza forma parte de Mulleres Bravas, o proxecto de Amigas da Terra e Enxeñería Sen Fronteiras mulleresbravas.gal«Esta publicación realizouse co apoio financeiro da Xunta de Galicia. O contido da dita publicación é responsabilidade exclusiva de Amigas da Terra e Enxeñería sen Fronteiras e non reflicte necesariamente a opinión da Xunta de Galicia»#MinaNon #Galiza #MinaTouroOPinoNon
  • Canle Enxeñería Sen Fronteiras Galicia

    9 сент., 06:23изменён

    👋 Booaaas!📣 Este é un convite a un encontro que organizamos dende Amigas da Terra e Enxeñería Sen Fronteiras, dentro do programa Mulleres Bravas, que faremos o próximo sábado 3 de outubro.🎯 O obxectivo deste encontro será formarnos e indagar no que entendemos por ecofeminismo cunha mirada decolonial nas nosas organizacións. Tamén están convidadas plataformas de defensa do territorio e outros colectivos activistas.📍Será na Casa das Máquinas, Compostela.❗️Aquí vai o enlace ao formulario de inscrición para base social de ESF con máis info da programación do evento. Tes ata o 18 de setembro para anotarte!
    Usem LiberaFormsxornadas ecofeminismo e decolonialidade - MBXornadas Ecofeminismo e Decolonialidade - Mulleres Bravas Moi boas! Dende o programa Mulleres Bravas que levamos entre Amigas da Terra e Enxeñería Sen F...
  • Canle Enxeñería Sen Fronteiras Galicia

    4 сент., 20:07

    📣 Novo obradoiro de reparación colectiva en Carballo!🪛 Se sabes algo de reparación, vén botar unha man. 🆘 Se tes algo para arranxar, vente e outra xente axudará 🥰 Se simplemente queres botar unha ollada e aprender, serás tamén benvidx!📅 Sábado 12 de setembro, 2026 🕕 11h-14h 📌 Casino de #Carballo#ESFprofesional #RepairCafe
  • Canle Enxeñería Sen Fronteiras Galicia

    4 сент., 18:10

    📃BOLETÍN OFICIAL ESFEIRO. Setembro de 2026A finde é un momento ideal para botarlle unha ollada 👀 ao Boletín Oficial ESFeiro deste mes. Coñece as actividades feitas o pasado verán, axenda de próximos eventos, escolma dalgunhas novas sobre tecnoloxía para os dereitos humanos que nos chamaron a atención⚙️🥰, recomendación artístico-cultural e a ESFrase.CONTIDOS🤝 Vida Asociativa 🇭🇳 Honduras 🇲🇿 Mozambique 🔗 Enlaces de interese 👨‍🎨 Recomendación artística-cultural 🗓 E no próximo mes … ✍️ A ESFrase do mes+LE O BOLETÍN
  • Canle Enxeñería Sen Fronteiras Galicia

    27 авг., 10:39

    переслано из @sergioferal

    🖊APETÉCECHE ESCREBER ALGO PARA A WEB DE ESF?🖊Neste inicio de curso, sería xenial se te animas a escreber algo para a web sobre temas de dereitos humanos, tecnoloxía para o ben común, cooperación, multiculturalidade, e outros temas que penses que encaixan.Non hai mínimo de palabras, pode ser un pequeno texto, ou algo máis longo e traballado. Pode ser unha reseña dun libro, ou unha reflexión, un breve ensaio dun tema que che preocupe ou queras chamar a atención sobre el, ou unha historia que che pasara. Mesmo un relato de ficción. Tamén valen videos, infografías ou viñetas (sacade á artista que levades dentro!).Para os textos, sería bo que propoñas algunha imaxe que acompañe ao texto para publicar (que pode ser unha foto que tí fixeras, ou algunha de uso libre relacionada co tema).Así podemos facer a web máis participativa. O que escrebas, aparecerá na sección de novas da web,
  • Canle Enxeñería Sen Fronteiras Galicia

    25 авг., 16:41

    🇭🇳 O noso Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades en boca das súas protagonistas deste 2026: Alba C., Rubén e Alba V.,Continúa a súa estancia en Honduras, iniciada a principios de xullo. Xa con certa perspectiva, nos deixan reflexións moi chuliñas e interesantes na segunda remesa das súas respectivas crónicas, que podedes ver a continuación: 👉🏼 Alba V.: Adaptarse, medrar e florecer 👉🏼 Rubén: Que vale máis, un poste da luz ou unha árbore de cen anos? 👉🏼 Alba C.: Cuando pasa el camión de las camaroneras lo único que nos deja es polvo
  • Canle Enxeñería Sen Fronteiras Galicia

    24 авг., 20:41

    Fai o teu mobil seguro e privadoNesta actividade, vinculada ao programa de obradoiros para o cambio ecosocial, amosaremos como instalar aplicacións libres de publicidade e coas que usar o teu móbil de xeito máis seguro e privado. Evitando así que os teus datos alimenten ás grandes tecnolóxicas e axudando a manter un Internet máis rápido, limpo e seguro, para ti e para as demais persoas.Cando: o sábado 12 de setembro de 2026, de 11h a 14h Onde: no Centro Social A Hedreira, Lugo (OSM | gmaps)Inscríbete neste enlace.
  • Canle Enxeñería Sen Fronteiras Galicia

    21 авг., 13:00

    переслано из @arborecoop

    Facémonos eco da Iniciativa Cidadá Europea sobre o Dereito á Alimentación, que precisa dun millón de asinaturas para que poida tramitarse no Parlamento Europeo.En Europa, millóns de persoas sofren inseguridade alimentaria. Moitas máis non poden permitirse unha dieta sana e adecuada. Ademais, agricultoras e traballadoras do sector alimentario non poden gañarse a vida, e a sustentabilidade vese a miúdo comprometida pola falta de vontade política e de recursos.Ao tempo, poucos agentes ao longo da cadea e poucos investidores acumulan enormes beneficios a costa das pequenas produtoras, as dietas pouco saudables e a especulación.A iniciativa Dereito á Alimentación pretende abordar estas cuestións urxentes esixindo que a UE adopte finalmente políticas que garantan a transición cara a sistemas alimentarios agroecolóxicos nos que todas as persoas teñan acceso a alimentos suficientes,
  • Canle Enxeñería Sen Fronteiras Galicia

    19 авг., 13:01

    Na pasada finde, ESFeiras e outras compas fomos ata a Estación Agroecolóxica de Vieiro, onde coñecemos o proxecto de agroforesta sintrópica 🌱✨Gústanos facer visitas para coñecer proxectos para un mundo mellor. Se tes propostas, avísanos!Velaquí a crónica!
  • Canle Enxeñería Sen Fronteiras Galicia

    13 авг., 14:45

    Programa do IV Encontro Burla Verde. Reserva o primeiro finde de setembro e acércate a Mazaricos a coñecer distintas iniciativas de defensa da terra, e tamén a celebrar
  • Canle Enxeñería Sen Fronteiras Galicia

    5 авг., 09:44

    👾 ¿Pueden los videojuegos enseñarnos sobre derechos humanos?🕹Neste inicio de agosto, deixamos recomendacións de videoxogos con trasfondo ecosocial e de dereitos humanosMíraas aquí
  • Canle Enxeñería Sen Fronteiras Galicia

    2 авг., 14:15

    переслано из @amolares

    🏕️ Queres coñecer un proxecto de comunidade no rural galego? Facemos día de portas abertas o sábado 8 de agosto!🏘️ Frondeira é un espazo de experimentación política e vida en comunidade onde tratamos de pór en práctica, no aquí e o agora, a utopía que soñamos. Un lugar onde convivir, debater e aprender sobre a vida compartida, a autoxestión, a ecodependencia e os coidados no rural lucense.🐶 Pedimos non vir con can, grazas!📝Por cuestións loxísticas, se estás interesadx en vir cubre o seguinte formulario (1 minuto)! https://forms.komun.org/xornada-de-portas-abertas-frondeira-2026📍Concello de Láncara (Lugo) 🗓️ 8 de agostoℹ️ ... e por se queres saber máis sobre nós: https://colectivofrondeira.wordpress.com/ ℹ️ https://loslibrosdelsalvaje.com/blog/presentando-proyectos-ecorrurales-frondeira-nueva-comunidad-en-sarria❓Se tes algunha dúbida, podes escribir a 690902822 (Lucía)
    forms.komun.orgXornada de portas abertas Frondeira 2026
  • Canle Enxeñería Sen Fronteiras Galicia

    30 июл., 21:15

    Que que fixemos na Escola de Verán de ESF? Que non puideches vir á esLibre 2026 en Melide?!Xa tes a reportaxe da Escola e os vídeos das ponencias da esLibre a golpe de clic 🤸🤸
    YouTubeReportaxe da Escola de verán de Enxeñería Sen Fronteiras - 2026Chega o verán e, con el, unha nova edición da Escola de Verán de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia. Do 13 ao 17 de xullo, a Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña, no Campus de Elviña, converteuse en punto…
  • Canle Enxeñería Sen Fronteiras Galicia

    29 июл., 04:45

    📣 Novo obradoiro de reparación colectiva en Tabeaio, Carral🪛 Se sabes algo de reparación, vén botar unha man. 🆘 Se tes algo para arranxar, vente e outra xente axudara 🥰 Se simplemente queres botar unha ollada e aprender, serás tamén benvidx!📅 Venres 31 de xullo, 2026 🕕 17.30h-20.30h 📌 Na Miñoquiña. Lugar Corpo Santo 16B. Tabeaio#ESFprofesional #RepairCafe
  • Canle Enxeñería Sen Fronteiras Galicia

    27 июл., 15:51

    📣 Novo obradoiro de reparación colectiva en Covelo🪛 Se sabes algo de reparación, vén botar unha man. 🆘 Se tes algo para arranxar, vente e outra xente axudara 🥰 Se simplemente queres botar unha ollada e aprender, serás tamén benvidx!📅 Sábado 1 de agosto, 2026 🕕 10h-14h 📌 Piñeiro de Areas en #Covelo#ESFprofesional #RepairCafe
  • Canle Enxeñería Sen Fronteiras Galicia

    22 июл., 15:14

    Relatos de verán. Utopías galegas.O compañeiro Ginés fixo un relato de ficción deses que nos gustan, porque nos acerca á utopía. Agora o deixamos na web, para desfrutar no verán.🥰 LEER AQUÍ
  • Canle Enxeñería Sen Fronteiras Galicia

    16 июл., 07:14

    переслано из @convocatoriasgz

    #Xinzo #16Xul26